Centro de formación Padre Piques.
O centro de Formación Padre Piques destaca pola súas aulas cooperativas, onde as aulas tradicionais onde se atopan 30 alumnos/as e un/has docente se converten en aulas de 60 alumnos/as con varios/as docentes. Considero que se trata dunha metodoloxía de ensino-aprendizaxe moi interesante e que pode ser moi fructífera para o alumnado. Principalmente porque nestas aulas pode haber unha maior interacción en grupos de alumnos/as, os/as docentes poden traballar cos espazos de forma máis controlada e con maior fluidez. Ademais, o ensino non é repartido só por unha única persoa que pode ter ceras inhabilidades nalgúns aspectos. O feito de que a docencia sexa repartida permite correccións de certas incompetencias docentes e mellorar aspectos ou destrezas a través da cooperación e da conversación. Cabe mencionar, que esta colaboración é tamén un claro exemplo de compañeirismo para o alumnado e fomentarlles o exemplo de compartir.
Cabe destacar que o centro de Formación Padre Piques tamén defende unha educación baseada en problemas, empregando unha metodoloxía específica, a través dun descubrimento guiado. O uso de TIC é primordial dentro das aulas, polo que os/as alumnos/as rematan a súa titulación obtendo unha soltura e unha aprendizaxe dominada.
Finalmente, o centro ten cada ano un lema que defende. Este ano é o de #CONFIAR. O feito de asociar un lema ao centro produce unha sensación de pertenza.
Comentarios
Publicar un comentario