Que é un docente innovador?
O panorama educativo actual atópase nunha situación de crise sociolóxica, polo que é necesario un cambio de raíz no que concirne a profesión docente. Para que eses cambios sexan efectivos é necesario non só atacar ao sistema ou ás autoridades responsables, senón que debemos escoitar, entender e comprender ao noso futuro alumado. As principais queixas do alumnado sobre á aprendizaxe de lingua xiran, numerosas veces, en torno a ensinanza: falta de innovación docente e material, manter metodoloxías anticuadas (como por exemplo o audiolingual), presión nas avaliacións numéricas, etc. As consecuencias disto desembocan na falta de interese ou de motivación por parte do alumado.
Para remediar iso, como futuras docentes debemos empregar diversos métodos e diversos enfoques posto que non existe un único válido. Precisamos innovarnos, debemos ser docentes flexíbeis, dinámicos/as, activos/as, pedagoxicamente formados/as, entre moitos outros factores. O noso alumnado é o noso principal foco, polo que necesitamos que, non só aprenda a lingua, senón tamén que lle guste, que lle vexa utilidade, que se interese pola cultura ou culturas da lingua en cuestión e que non sinta que a aprendizaxe dunha lingua é sinónimo de obriga. Polo que, é importante adaptarnos a súa realidade, propor actividades a través de utensilios que eles usan no seu día a día (TICs), falar de temáticas en torno aos seus intereses ou facerlle descubrir novas visións do mundo a través dunha lingua.
Outro punto importante que cabe mencionar dentro do que debería ser un/ha docente innovador/a na aprendizaxe dunha lingua estranxeira é que o erro é aprendizaxe.
Finalmente, o/a docente innovador/a debe realizar unha aprendizaxe ao longo da súa vida. Non só determina o ser docente unha titulación, posto que a sociedade e o mundo cambia, nós témonos que adaptar a cada cambio. Sexa con cambios de método, de aprendizaxe, de enfoques, de materiais, de contextos, etc.

Comentarios
Publicar un comentario